O Roscode Pasapalabra
Especial Letras Galegas 2026. Un rosco de 23 preguntas sobre a vida e a obra de Begoña Caamaño, xornalista, escritora e activista feminista galega.
Rosco en curso
…
Axuda: Enter para responder, espazo para pasapalabra
Ollo! Acentos e Ñ contan: usa Á, É, Í, Ó, Ú, Ñ se é preciso.
Partida rematada
Ránking
Comparte o teu resultado:
Cargando…
Como se xoga
-
1
O rosco
O rosco ten 23 letras en círculo (o alfabeto galego: A, B, C, D, E, F, G, H, I, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, X, Z). Para cada letra hai unha pista, e ti debes adiviñar a palabra que cumpra dúas condicións: que sexa a pista, e que empece ou conteña a letra do rosco.
-
2
Niveis
- Sinxelo: 3 minutos. Pistas máis directas e datos básicos sobre a homenaxeada.
- Difícil: 3 minutos. Pistas máis específicas, datos avanzados.
O tempo é o mesmo nos dous niveis; o que cambia é a dificultade das preguntas.
-
3
Responder, pasar, fallar
- Responder: escribe a túa resposta e preme Enter ou o botón "Responder". Tildes e Ñ contan: "Caamaño" non vale como "Caamano".
- Pasapalabra: se non sabes, pasa á seguinte (preme Espazo co campo baleiro ou o botón). Volverás á letra ao final do rosco.
- Fallar: a letra queda marcada como erro e segues coa seguinte.
-
4
Puntuación
A puntuación final calcúlase no servidor con esta fórmula:
acertos × 100 − erros × 25 + tempo restante × 2 (segundos) + bonus 200 se acertas todo (23/23 sen erros) + bonus 100 se non pasaches ningunha letra = PUNTOS
As pasadas non penalizan en si mesmas, pero cómenche tempo. Se completas o rosco entero antes do tempo, gardas todos os segundos como puntos extra.
-
5
Ránking público
Ao rematar podes gardar a túa puntuación nun ránking público (separado por niveis Sinxelo / Difícil). Se non escribes nome, a partida non se garda. Podes compartir o teu resultado para retar a outras persoas.
Aviso legal e privacidade
Privacidade
Este rosco non require rexistro nin solicita datos persoais. Se gardas unha partida no ránking público, almacénase só o nome que ti escribas, o nivel e o resultado da partida.
Para evitar abusos do ránking gardamos un identificador técnico anónimo (hash da IP + navegador) que non permite identificarte. Pódese rotar e invalidar en calquera momento.
Cookies
Este xogo non usa cookies propias. A sesión técnica para protexer o envío de partidas mantense só na memoria do navegador mentres xogas; ao recargar a páxina pérdese.
Se accedes desde un artigo de aschavesdalingua.gal, o sitio que o aloxa pode ter as súas propias cookies (analítica) que son independentes deste xogo.
Licenzas
- Pistas e respostas: CC BY-NC 4.0.
- Código fonte: GPL-3.0.
- Tipografías: Merriweather e Open Sans, ambas Open Font License.
Autoría
Rosco de Begoña Caamaño é un xogo creado por As Chaves da Lingua con motivo do Día das Letras Galegas 2026.